Alonso Montero fala de Rosalía de Castro

Para celebrar o día de Rosalía acompañounos este curso o profesor Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega.
Asistiron á conferencia alumnado de 1º e 2º de BAC que seguiu con gran interese os datos biográficos e literarios da nosa autora máis universal.
O noso compañeiro Brais interpretou co acordeón Negra sombra para darlle a benvida ó profesor.
Na seguinte presentación podedes ver a reportaxe gráfica do acto:

Alonso Montero visita o Leiras para falar de Rosalía de Castro on PhotoPeach

Acerca de eunfalar

Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Leiras Pulpeiro, de Lugo.
Esta entrada foi publicada en Rosalía de Castro e etiquetada . Garda a ligazón permanente.