Galeguízate

Galeguízate e merca a bolsa do EDL do Leiras Pulpeiro

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Literatura popular

A literatura popular de tradición oral é moi rica en Galicia
O luns, 6 de novembro, puxémoslle voz a contos e cantigas populares.
Protagonistas, o alumnado de 4º ESO e varios profesores e profesoras.
Non perdamos as nosas raíces. Hai abundante bibliografía sobre cantos, contos, coplas, adiviñas, lendas … populares e, sobre todo, temos eses avós, avoas, persoas maiores que recordan perfectamente esta literatura oral e cos que podemos vivir momentos emocionantes. Que mellores mestres cós nosos maiores!
Literatura popular no Leiras on PhotoPeach

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Alumnado de 2º C fala de Casares

O alumnado de Reforzo de Lingüístico de 2º C fala de Carlos Casares on PhotoPeach

Publicado en Carlos Casares, Letras galegas | Comentarios desactivados en Alumnado de 2º C fala de Casares

Instrucciones para empezar a hablar gallego. Letras galegas 2017

O relato “Instrucciones para empezar a hablar gallego” de Sechu Sende foi interpretado por alumnado de 1º de BAC diante dos seus compañeiros e compañeiras. Román Casas interpretou “O xogo da guerra” de Carlos Casares e Fernanda López mais Ismael Balbás leron “A rapaza do circo” de Casares.

Ó finalizar o acto entregáronse o premios do concurso literario “Letras Galegas ”  narrativa e poesía na  categoria BAC.

Instrucciones para empezar a hablar gallego. Letras galegas 2017 on PhotoPeach

Publicado en Letras galegas, Letras galegas | Comentarios desactivados en Instrucciones para empezar a hablar gallego. Letras galegas 2017

XV Recital Poético. Carlos Casares e Castelao: creadores de historias

Un ano máis o EDL organizou o Recital Poético dedicado na presente edición a Carlos Casares e Castelao. Participou o alumnado de 3º e 4º de ESO, profesorado e persoal non docente.
Entregáronse os premios do XV Concurso Literario “Letras galegas Leiras Pulpeiro”
Podedes ver a reportaxe gráfica;
XV Recital Poético. Carlos Casares e Castelao: Creadores de historias on PhotoPeach

Publicado en Carlos Casares, Letras galegas, Recitais poéticos | Etiquetado , | Comentarios desactivados en XV Recital Poético. Carlos Casares e Castelao: creadores de historias

Alonso Montero fala de Rosalía de Castro

Para celebrar o día de Rosalía acompañounos este curso o profesor Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega.
Asistiron á conferencia alumnado de 1º e 2º de BAC que seguiu con gran interese os datos biográficos e literarios da nosa autora máis universal.
O noso compañeiro Brais interpretou co acordeón Negra sombra para darlle a benvida ó profesor.
Na seguinte presentación podedes ver a reportaxe gráfica do acto:

Alonso Montero visita o Leiras para falar de Rosalía de Castro on PhotoPeach

Publicado en Rosalía de Castro | Etiquetado | Comentarios desactivados en Alonso Montero fala de Rosalía de Castro

Rosalíate. Día de Rosalía

Alumnado do EDL de 2`ESO representa “Campanas de Bastabales” seguindo a campaña ROSALÍATE da Asociación de escritores en lingua galega

http://

Rosalíate. Alumnado do EDL de 2º ESO do IES Leiras Pulpeiro de Lugo from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.

Publicado en Rosalía de Castro, Sen categorizar | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Rosalíate. Día de Rosalía

Núñez Singala no Leiras Pulpeiro

Manuel Núñez Singala visitou o IES Leiras Pulpeiro para conversar co alumnado de 3º de ESO e 1º de BAC que leron os libros da súa autoría “Camiños da auga” e “Instrucións para tomar café” respectivamente.
Ó remate da mañá o alumnado do club de “Lecturas Leirantes” puido saudar ó autor d’ O achado do castro”
Podedes ver a reportaxe gráfica dos actos.

Núñez Singala no Leiras on PhotoPeach

Publicado en Sen categorizar | Etiquetado | Comentarios desactivados en Núñez Singala no Leiras Pulpeiro

Rosalía de Castro

Alumnado de 1º de BAC interpreta  poemas de Follas Novas. Coa voz, música e imaxes vivencian a Rosalía.

Negra sombra (Rosalía de Castro). Esther Pena Varela. Brais Vázquez Vázquez. Curso 2015-2016 from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.

Silencio (Rosalía de Castro). Esther Pena Varela. Brais Vázquez Vázquez. Curso 2015-2016 from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.

Pablo Villar da Silva from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.

Rubén Lorenzo Parga. Raúl Rodríguez Pérez from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.

Xan. Rosalía de Castro. Lucía Pasarín. Jennifer Núñez Rodríguez. Curso 2015-16 from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.

Agora cabelos negros. Rosalía de Castro. Celia Somoza Castro. Curso 2014-15 from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.

Silencio. Rosalía de Castro. Alejandro Sánchez Cela. Curso 2014-15 from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.

Adriana Ares Vila e Cristina Salvador Vázquez. Rosiña cal sol dourado de Rosalía de Castro from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.

Publicado en Autores galegos, Rosalía de Castro | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Rosalía de Castro

Letras galegas 2016

O EDL organizou o XIV Recital Poético: Manuel María, Lirismo e compromiso. O alumnado de 3º e 4º de ESO recitou poemas representativos do autor homenaxeado neste 17 de maio, acompañados con música de Mozart e imaxes alusivas ó contido dos mesmos.

Entregáronse os premios de narrativa e poesía do Concurso literario “Letras galegas Leiras Pulpeiro”

O alumnado de 1º de ESO leu a obriña teatral “Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela”

Letras galegas 2016:XIV Recital poético. Manuel María on PhotoPeach

Publicado en Manuel María, Recitais poéticos | Comentarios desactivados en Letras galegas 2016